luns, 15 de decembro de 2025

RECOMENDACIÓNS DE NADAL: Para rir, soñar e imaxinar, un libro en galego quero pedir xa!

Para rir, soñar e imaxinar, un libro en galego quero pedir xa!


Aquí deixamos unhas recomendacións de lecturas en galego para engadir na carta de Papá Noel e os Reis Magos...


Máis contos, máis maxia, máis galego

venres, 12 de decembro de 2025

xoves, 11 de decembro de 2025

CLUB: BOTELLAS DA CALMA

 

Despois de terminar esta apaixonante lectura chea de emocións, aproveitamos a nosa última sesión antes das vacacións de Nadal para facer unhas botellas da calma, unha actividade relaxante e significativa que nos permitiu pechar o club de lectura dun xeito especial.


O club é un espazo que vai moito máis alá da lectura, unha oportunidade para convivir e socializar nun ambiente creativo e inspirador.



martes, 9 de decembro de 2025

NADAL NA BIBLIO 2.0

Os voluntarios e voluntarias de 6º están decididos a mergullarnos nun espazo cheo de maxia navideña co pintado das ventás.




Se a nosa biblio sempre desprende algo de maxia, agora é como se nos meteramos de cheo nun deses libros de Nadal. 


luns, 8 de decembro de 2025

NADAL NA BIBLIO

Xa sentimos o espírito do Nadal en cada recuncho do mundo... e a nosa biblio non ía ser menos! 

No recuncho artístico apareceu unha árbore de Nadal que estamos a decorar entre todos:



E nos nosos recunchos de lectura xa podemos atopar lecturas de Nadal:



venres, 5 de decembro de 2025

QUE LEMOS EN DECEMBRO?

 QUE LEMOS EN DECEMBRO?

Xa estamos no último mes do ano e non queremos rematalo doutra maneira que LENDO!

Propoñemos Por cuatro esquinitas de nada para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Un conto que nos fai reflexionar sobre as barreiras que temos no mundo que deixan a moitas persoas fóra...

Escoita esten conto!

Por cuatro esquinitas de nada - Editorial Juventud


Como tamén nos estamos achegando á época máis máxica do ano e nós non queremos perder a oportunidade de aprender máis sobre esta tradición e descubrir os diferentes xeitos que hai de festexar o Nadal polo mundo co Nadalario.

Nadalario

domingo, 30 de novembro de 2025

Facemos e compartimos ciencia en galego

Por fin chegou a hora de compartir "a nosa ciencia" na nosa lingua. 

Despois da consulta, preparación dos materiais, elaboración das hipóteses e predicións, levamos a cabo os nosos experimentos no recuncho cientifico da biblioteca, valorando os resultados e elaborando unhas conclusións.



martes, 25 de novembro de 2025

25 N - A biblio di NON á violencia contra as mulleres

Nesta data, non queriamos deixar de acompañar a labor educativa que denuncia e prevén a violencia de xénero.

Os libros fan posible coñecer e rexeitar este tipo de violencia a través de historias moi desgarradoras, pero cheas de esperanza.


Co libro El chubasquero de Aurora puidemos comprender como sufre unha nena e unha muller que viven cunha persoa-monstro. 

Os nenos e nenas de 4º, despois de ler a historia, analizala e comentala plasmaron algunhas ideas no propio chubasquero de Aurora, separando o que fai que nos rompa o corazón, do que consegue a cor morada, símbolo da igualdade.






Os máis pequenos do cole aproveitaron a historia de Violeta ás agachadas para reivindicar que ningún neno ou nena teña que agocharse por motivos de violencia.




luns, 17 de novembro de 2025

Hora de ler informativa: libros de non ficción

Todos os días temos o noso tempo de lectura, 3º está moi enganchando aos libros de NON FICCIÓN e aproveita este ratiño para aprender cousas de diversos eidos.

No Párroco gozamos moito mergullándonos en historias e contos, pero tamén desfrutamos lendo para aprender.

Aquí deixamos unhas fotiños que nos sacaron cando estabamos moi concentrados!


martes, 11 de novembro de 2025

CLUB: Burbullas de calma serena

Nesta sesión, despois de descubrir como Alma atopa calma e benestar ao entrar na burbulla de calma serena, decidimos facer tamén as nosas propias burbullas de calma, igual que no libro, convertendo a actividade nun momento moi persoal. 

Cada un escolleu un dos seus recordos máis felices e representouno dentro dunha burbulla, empregando debuxos, palabras e cores que nos transmitían tranquilidade e benestar.